Se o buscabas aquí, non acertaches.
Blog
-
Club de fans de Lorena Berdún
-
Trasnos da imprenta?
Na edición do Barbanza de La Voz de Galicia de hoxe:
Paréceme incrible que nun medio de tal prestixio e tirada aparezan publicadas cousas como esta. Dende logo, cando eu traballaba alí esixíanme bastante máis, ou igual mo parece a min. Disque cando un pensa que todos os demais están tolos, é que o tolo é el. Quen sabe?
O que si podo asegurar é que chegaron a dicirme que era mellor que non escribira en galego, porque non dominaba ben a lingua. Velaí un extracto das miñas notas da facultade:
Non fago máis comentarios. Facédeos vós. -
SI, NO, ou en branco
Eu optei pola terceira vía, porque era a única opción que non pedían en ningún cartaz, espazo gratuíto de propaganda electoral nin cuña radiofónica.
Tamén sería bo distinguir entre “si no” e “sino”, como non fixo un redactor da sección de Economía da Voz. Pódese ver en dúas páxinas consecutivas da edición impresa ou a escasos píxeles de distancia na versión dixital.
Se alguén non entende a incorrección -isto vai para os adictos ás SMS-, que saiba que en lingua castelá as palabras aí resaltadas teríanse que escribir xuntas. Miguel de Cervantes Saavedra e Fernando Lázaro Carreter poderíanse erguer das súas tumbas… -
Denejasión de desibelios
O Comandante Desibelios volve facer das súas. Desta volta, presentou máis denuncias contra os locais da movida de Ribeira, como todas as fins de semana, e pide que non se lle concedan licenzas aos que as solicitan. Ata aquí, todo correcto ou, polo menos, previsible.
O inexplicable é esta non-nova -na que non se di nada noticiable- aparecida onte na Voz. Faltaban un par de módulos por encher a última hora?