O coñecido best-seller de Alan Smithee é a nova recomendación literaria de ModestoWeb. Non está á venda en quioscos nin librarías. É unha oferta especial exclusiva para os ouvintes desta emisora de radio. As cincuenta primeiras chamadas recibirán como agasallo unha luva de cociña musical coa melodía de Arrastraches o cu polas pallas, de Ana Kiro.
Blog
-
Sorte desigual
Mal lle foi a Carlos Blanco como xuíz Muller na abortada serie de Antena 3 Lobos. No entanto, Ernesto Chao contraprográmase a si mesmo. Esta noite é Miro Pereira en Pratos Combinados (TVG) e o pai da moza de Emilio en Aquí no hay quien viva (A3), á mesma hora.
Queda demostrado que TODO está en imdb! -
Recanto literario
Dende este momento, na parte dereita da páxina farei algunha que outra recomendación literaria. Comezamos co novo libro de Rosa Aneiros, que tamén pertence á Xeración do 98.