Snob deume permiso para estrear en exclusiva universal o primeiro vídeo clip dos Megaloves, con imaxes do seu concerto na galería DF da rúa de San Pedro, DC, con moita xente famosa entre o público. Aquí tocan Henry Lee. A autoría do clip é de The Chemical Orange:
Si, a min tamén mo propuxeron. E non puiden fuxir, pois, no meu caso, foi dun xeito completamente analóxico nun encontro absolutamente dixital. Sak pediumo na XGN07, e non dixen que non. Pero a miña execución do meme será moi diferente… E nun podcast. Esta mesma semana, que terei tempo libre…
Volvo ter rede dende Debian, pero esta vez de volta ao kernel 2.6.18-3. Sigo sen atoparlle explicación ao feito de que no 2.6.18-4 sexa absolutamente imposíbel cambiarlle o enderezo MAC á tarxeta de rede sen fíos a través do módulo ndiswrapper. E, cando busco no Google, sáeme isto. Haberá que agardar a unha nova versión e probar de novo.
Ah, o problemiña que tiña á hora de reinstalar ndiswrapper era que estaba a empregar un arquivo .inf incorrecto.
Xa non só Pawley ten unha dedicatoria de Carlos G. Meixide sobre un exemplar do seu O home inédito. Eu tamén, porque fun onte á impresionante presentación do libro en Humidtown, no pub A Medusa, onde vivín unha sucesión de déjà-vus e de coincidencias sobre as que Íker Jiménez podería facer unha serie de 13 episodios, polo menos.
Vaiamos por partes: Snob e mais eu quedamos para ir á presentación, que en teoría comezaba a iso das sete. Fomos por alí cando xa eran as oito, pero como aínda non había demasiado ambiente, decidimos ir por aí tomar algo. Unha pinta nas Crechas, onde fomos gravados -moito me temo- por cámaras de Localia e compartimos barra con alguén da RG.
Ao saír, chegamos a dubidar de acudir a unha cea vegana na Casa Encantada que viña anunciada no taboleiro, pero ao final pasamos, porque xusto nese momento nos atopamos con Berto. Fomos con el até Bierzo Enxebre, onde tamén estaban, entre outras, Orsinia e BR, que viña de conducir un entretidísimo acto (nota para os lingüistas: aquí a construción vir de é correcta, porque é literal).
A cousa en si mesma
E fomos ao lugar dos feitos, que xa estaba petadísimo pouco despois das nove. Alí atopeime coa maior concentración de Yáñeces por metro cadrado e a maior concentración de ex-profesores, ex-compañeiros, ex-estudantes de Xornalismo, actuais estudantes de Xornalismo, ex-compañeiros de traballo, actores e algunha xente que non coñecía, que sería como o 10% do total ou así. Endogamia?
Como dicir os nomes de todos me sería imposíbel, porque sempre esquecería alguén, vou lembrar un por un e por orde alfabética todos os concellos de Galiza. Ai, non, que iso foi o que fixo Meixide! Pero tivo un pequeno esquecemento do que logo falarei. Diversos amigos do escritor foron subindo á cadeira e falando, cada un ao seu xeito, da novela, cuxo formato permite agachala na manga para roubala do Cortinglés, pero sempre dun xeito ameno e, sobre todo, escarallante. Puntos de vista isolos e reintegratas, naturalmente, porque o Omnipresente estaba -tiña que estar- alí tamén. E non, non vou falar de cortes de pelo nocturnos.
Cando chegou a quenda de preguntas non pactadas -porque pactadas tamén as houbo-, aproveitei para pedirlle a Carlos G. que me resolvese unha grave dúbida: por que esquecera nomear o concello de Porto do Son? A resposta foi rápida e concreta -e non estaba pactada, xúroo por Rick Astley-: “Porque non estou de acordo co seu plan urbanístico… E iso que son socialistas”.
Por suposto, como se pode comprobar na imaxe que abre esta entrada, adquirín o imprescindíbel libro, que xa tiña en PDF, e conseguín a cervexa de regalo que viña incluída. Despois dun anaco alí, e de falar con xente coa que había moito tempo que non falara, e de ver tamén alí algunhaxente destas cousas da informática, marchamos cear churrasco de porco -estraño antollo que tiña Snob. Cando iamos polo Preguntoiro, non me pregunten -que xenial xogo de palabras- por que, lembreime de Marcus e… alí apareceu, de repente. Para a próxima, pensarei en Scarlett Johansson, prométoo. Contoume algúns segredos relacionados coa frecuencia de actualización do seu blog, que non vou revelar por segredo profesional.
Despois de percorrer boa parte de Compostela dialogando en inglés, chegamos á Parrillada 9 de julio, enfronte do TNT, para máis datos, onde ceamos abondosamente. Pero, como eu non son blogogastrónomo, non vou incidir nesta parte da historia, para que non me chucen irrelevante. Agora, a ver se mañá lles fago unha visita aos frikis imberbes.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.