Tan pequeniña e xa ten o seu blo, mira ti…
http://leonordeborbon.blogspot.com/
Engádega:
E mais estoutro:
http://princesaleonor.bitacoras.com/
Blog
-
Blog i-real
-
A festa do Termo xa ten blog
Cóntanos Paleón que a comisión da festa do Termo, a peculiar celebración do pequeno estado-nación que limita con Ribeira por todas as súas beiras, xa ten o seu propio blog. Así que, como non podía ser doutro xeito, vouno engadir ao blogomillo este da dereita… —->
-
Todos usan WordPress
Tamén o blog de Cuatro, titulado La cuenta atrás.
-
Cambios no Blogomillo
Veño de modificar as ligazóns da dereita, porque Sara Jess cambiou de enderezo o seu Cartafol de Silencios, que agora está en blogspot. Ademais, Arduina está a construír o seu novo Recuncho, que espero lle vaia moi ben empregando o Joomla. Cando estea activo -porque agora está a tomar un bocadillo- actualizarei o link. Prometido.
Engádega: a cousa parece que non vai ser axiña. Agora está preparando unha empanada de zamburiñas… -
Adeus Encontros, ola Documental
Vexo na Galega a promo dun novo programa que se vai emitir os sábados pola tarde: Galicia documental, que promete emitir traballos como Santa Liberdade, de Margarita Ledo (vino ben?), aínda que na súa web anuncian para este sábado ‘Cine’. Isto significa, definitivamente, que Encontros pasa a mellor vida. Ata sempre, Maricarmen!
Engádega: máis información aquí.