9 anos que son 37

Na véspera do meu 37 aniversario e días despois do noveno aniversario desde modesto blog, non me queda máis que desexar un feliz 2014 sen avaricia, da man, como non, d’Os da Ría.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=cTcfzP3ftU0]

Como xa fixeran o ano pasado, que ao final non foi tan bo ano. Ou si?

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=itxy8NJUACk]

Máis aniversarios… “o” Doutor

Si, hoxe hai que parabenizar a Tom Baker, que fai 75 anos este martes. Foi mundialmente famoso por ter sido o cuarto Doutor Who, cuxas dúas primeiras temporadas (1974-75 e 1975-76) foron emitidas pola TVG nos anos oitenta. El seguiu no papel até 1981. O último que fixo é… ser a voz en off de Little Britain.

E seica recoñeceu ser bastante afeccionado ao bebercio, máis que ao comercio, por iso escollín esta imaxe, do episodio A invasión androide.

Que duro é ser bebé

Este mércores, 14 de xaneiro, este rapaciño, Jordy Lemoine, fai 21 anos, pero seguirá sendo sempre un bebé para todos nós. Quen non o coñeza será porque daquela era un feto ou nin sequera iso (e sempre o será para todos nós).

E este é o vídeo grazas ao que entrou no libro Guinness como artista máis novo en acadar un número 1, con catro anos e medio. Corría o ano (que supercesarvidalesco me sae isto) de 1992. Dur dur d’être bébé !

Vídeo

Parabéns, Jordy! (Hai que ver que espelidos son os meniños franceses, que xa saben francés de tan pequerrechos).