Queremos Adsense en galego

O xigante da publicidade na internet, Google, segue a discriminar a nosa lingua. Despois de tantos anos, o seu servizo Adsense segue sen estar dispoñible en galego. Iso significa que un blog galegófono nunca poderá levar publicidade de Google, pois non o detectará como escrito en español nin en portugués, aínda que seleccionemos calquera destas dúas linguas ao nos rexistrarmos no servizo.

Se dispuxésemos de Adsense en galego, moitos blogueiros e blogueiras do blogomillo probablemente escribiríamos máis, porque así poderiamos sacar uns cartiños para pagar o hosting, ou o dominio .gal, que de barato ten máis ben pouco. Tamén sería un bo xeito de potenciar a publicidade en galego.

E si, con este artigo arríscome a que comece a festa da Lei de Berto.