Bucle infinitoooooooo…

Pois como levaba xa moitísimo tempo sen actualizar este blog, tiven unha desas ideas xeniais de madrugada: por que non creo unha regra de Ifrit para que cada cousa que publique no meu Tumblr apareza publicada no blog e así vou creando contidos?

E a sí fixen. Pero esquecín un pequeno detalle. Xa tiña configurado o blog para que se publicase automaticamente no Tumblr cada cousa que publicaba.

Resultado: bucle recursivo infinito. Grazas a Manuel del Río –que non é parente meu– polo aviso.

Vaaaaale. A ver se escribo máis.

[flash http://www.youtube.com/watch?v=AVv4fgEZeMI]