TVG supera en audiencia, por primeira vez na historia da audimetría en Galicia, a TVE

Copio e pego:

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 (EUROPA PRESS)

A Televisión de Galicia remata este mes de maio, e por primeira
vez des que se instaurou o sistema actual de audimetría, por diante
de TVE, á que lle saca cinco décimas (19,8%, fronte ao 19,3 da canle
pública española), segundo informou hoxe a CRTV nun comunicado.

É salientable, igualmente, que o rexistro acadado pola TVG neste
mes é o mellor acadado nos últimos 58 meses, ou sexa, desde marzo do
2001. Do mesmo xeito, tamén supera á canle privada Antena 3 TV, co
que se consolida como unha das opcións preferidas pola audiencia,
confirmando os datos que se tiraban da última ola do EGM.

Unha vez máis, hai que culpar deste éxito á “fortaleza que están
amosando os informativos da TVG”, sobre todo na franxa do mediodía,
marcado por un forte compoñente informativo, e no que a canle
autonómica é líder absoluta, cunha cota de pantalla media, de luns a
venres, do 28,3%.

Outros factores importantes son, asemade, o bo momento da ficción
galega, con “Libro de familia� (30,8%), “Pratos Combinados�, “As Leis
de Celavellaâ€? ou “4º sen ascensorâ€?, ademais dos espazos de
entretemento como “O Show dos Tonechos�, “Luar� e “Supermartes�.

Nun mes que veu marcado por grandes acontecementos deportivos, como
a Fórmula1, a liga de campións, o Roland Garrós…, ademais doutros
eventos como, por exemplo, o Festival de Eurovisión, a TVG segue
firme na súa liña ascendente iniciada hai uns meses.

Merece unha mención especial o feito de que, en tan só uns meses,
a TVG conseguise recurtar a diferenza que a separaba de TVE (case 10
puntos), e superala, o que indica a fortaleza que está amosando a
canle autonómica, e a perda graduada de audiencia que experimentou
TVE en Galicia.

Espero que toda esa audiencia teña un chisco de espírito crítico.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.