Parabéns, Lordi!
Breve análise do festival de Eurovisión 2006:
- España deulle 10 puntos aos gañadores -os finlandeses- e 12 a Romanía -segundo Beatriz Pécker, polo gran número de emigrantes romaneses que hai aquí.
- Só Andorra (12) e Albania (6) lle deron puntos a España. Seguramente pola cantidade de emigrantes españois que hai en Albania.
- Portugal deulles 0 merecidos puntos ás Ketchup.
Pois a de Rumanía molaba… Torneroooooooo torneraiiiiiiiiiii. Noraboa para Lordi, ainda que os meus preferidos eran os Lituanos. Dende que os vin na semifinal co seu arrebatador we are the winners, xá non puiden conter a miña vena fan!
A verdade é que a de Alemania estaba ben… pobriños.
Teño unha teoría: dende as altas instancias de tve pediron polo santo sacramento que, por favor, mandasen a canción con menos posibilidades que existise. Como Serafín Zubiri debeuse negar, pillaron ás Ketchup, e así evitan de lonxe organizar un hipotético concurso-despilfarro no 2007. Para que logo se diga que tve non ten visión de futuro 🙂
Cala, cala, que Portugal deu choprocentos a Ucrania, e tamén foi pola cantidade de emigrantes ucranianos entre os habitantes lusos.
É certo. Portugal está cheo de ucraínos! 😆