Sorpresa!

Púxenme a mirar a televisión a estas horas e detectei unhas estrañas interferencias na 2. Por curiosidades friquis das miñas sintonicei o aparello e de repente atopei isto:

É dicir, que dende hoxe se pode sintonizar a Sexta dende o reemisor de Noia, na canle 24 da UHF, interferindo lixeiramente á 2 (canle 23), así que non sei se seguirá aí ou está en probas ata que atopen outra frecuencia máis axeitada.

A todo isto, creo que aínda non a puxeron en Santiago. Tocaba para o día 1.

Estes de Abertis Telecom están a traballar contra reloxo. Pero aínda non puxeron a TDT.

Engádega: Non foi Abertis, senón Retegal.

Comentarios

2 respostas a “Sorpresa!”

  1. patiodejuegos

    Jaja ai ai ai, e eu que pensaba que xá nos ibamos librar un pouco do mundial de fúrbol!! 🙂

  2. modestoweb

    Si. E eu que pensaba que vivía nunha zona ‘privilexiada’ para iso…

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.