Por fin, despois de semanas de patrioterismo, forofismo e panfletismo, volvemos á realidade de todos os días. Xa non volveremos ver bandeiras españolas (onde as agachan o resto do tempo?) e as páxinas de deportes dos xornais deixarán de estar pragadas de artigos que parecen escritos por adolescentes idólatras. Agás cando se trate de Fernando Alonso, claro.
Será o momento de preocuparse do que de verdade interesa. Ai, non, que estamos no verán!
Esqucícheste de Rafa Nadal no dos artigos escritos por “adolescentes idólatras”.
En non te esquezas que agora (este sábado) comeza o Tour e “este vai se-lo Tour de Valverde”.
Se Indurain levantara a cabeza… A última vez que o vin na televisión foi cando lle preguntaron que lle parecía o alto o fogo permanente de ETA.