Ceanza

Todo está listo para a celebración da xantanza de Nadal 2006-07, que, se todo sae como parece ser que sairá, non será xantanza, senón ceanza, e virá confirmar que o ascaridato non rematou aínda. O ascaplan integral contempla cea e allnightlong o venres 29 na Coruña. Xa contarei aquí o que pase, cando chegue o seu momento. Grazas ás fotos de O’Xirarei e ás de Xosé Antón, podemos lembrar como fora a do ano pasado, cando o blogomillo aínda estaba vivo. Agora, a blogomorgue -que seica hai xente que di que a culpa é de Chuza!– xuntarase na capital de Galiza segundo Paco Vázquez. Curioso que a última vez que vira esas fotos non coñecía ningún dos presentes, e agora si, case todos. Xente fantástica, por certo. Veremos -e leremos- como sae todo.

Comentarios

3 respostas a “Ceanza”

  1. xente fantástica, si, agás o hda ese…

  2. dornaretina

    boh! e eu non podo ir!!! que rabia!!! haberá que repetir axiña, nunha data menos conflitiva!!!

  3. Eu non vou desta volta. Quiza noutra ocasion.
    Boas festas.

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.