Facendo algo pola Humanidade: se usamos GNU/Linux e queremos converter un vídeo en formato .rmvb -moi de moda ultimamente pola súa alta compresión, aínda que non pola calidade de imaxe-, cos seus subtítulos, a un .avi con son MP3 e vídeo MPEG4, e que quede xeitoso, debemos usar este comando -e ter instalado previamente o programa mencoder-:
mencoder nomedoarquivo.rmvb -oac mp3lame -ovc lavc -sub nomedosubtítulo.srt -subfont-text-scale 3 -o nomedoarquivo.avi
E con vídeo XviD:
mencoder nomedoarquivo.rmvb -oac mp3lame -ovc xvid -sub nomedosubtítulo.srt -subfont-text-scale 3 -o nomedoarquivo.avi
Actualización (5/10/2007): Como me preguntaba Dorfun sobre como redimensionar, de paso, o vídeo, velaquí a resposta (despois de consultar man mencoder
e buscar entre os millóns e millóns de opcións que ten esta utilidade):
-vf scale=x:y
O exemplo anterior, redimensionado a 640×480:
mencoder nomedoarquivo.rmvb -oac mp3lame -ovc xvid -sub nomedosubtítulo.srt -subfont-text-scale 3 -vf scale=640:480 -o nomedoarquivo.avi
Tamén é aconsellábel engadir o modificador -subcp latin1
para os arquivos de subtítulos que veñen codificados para Windows -é dicir, todos os que se poden atopar na rede-. Senón, leremos algúns carácteres estraños. E poñer o arquivo .ttf ou .pfb do tipo de letra que queiramos dentro do directorio ~/.mplayer (ou /etc/mplayer, para todos os usuarios) co nome subfont.ttf.
…e aproveitanddo que é máis sinxelo preguntar que buscar 😉 podes recodificar igualmente insertando subtítulos e cambiando tamaño? (para meter no móbil ou na pda, digo)
Por suposto. Xa actualizarei e completarei a información. Neste caso, os .rmvb xa eran de 320×240 -perfecto para a PSP-. Tamén lle teño que engadir as opcións para axustar a páxina de códigos…