Mes: Maio 2005

  • TVG supera en audiencia, por primeira vez na historia da audimetría en Galicia, a TVE

    Copio e pego:

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 (EUROPA PRESS)

    A Televisión de Galicia remata este mes de maio, e por primeira
    vez des que se instaurou o sistema actual de audimetría, por diante
    de TVE, á que lle saca cinco décimas (19,8%, fronte ao 19,3 da canle
    pública española), segundo informou hoxe a CRTV nun comunicado.

    É salientable, igualmente, que o rexistro acadado pola TVG neste
    mes é o mellor acadado nos últimos 58 meses, ou sexa, desde marzo do
    2001. Do mesmo xeito, tamén supera á canle privada Antena 3 TV, co
    que se consolida como unha das opcións preferidas pola audiencia,
    confirmando os datos que se tiraban da última ola do EGM.

    Unha vez máis, hai que culpar deste éxito á “fortaleza que están
    amosando os informativos da TVG”, sobre todo na franxa do mediodía,
    marcado por un forte compoñente informativo, e no que a canle
    autonómica é líder absoluta, cunha cota de pantalla media, de luns a
    venres, do 28,3%.

    Outros factores importantes son, asemade, o bo momento da ficción
    galega, con “Libro de familia� (30,8%), “Pratos Combinados�, “As Leis
    de Celavellaâ€? ou “4º sen ascensorâ€?, ademais dos espazos de
    entretemento como “O Show dos Tonechos�, “Luar� e “Supermartes�.

    Nun mes que veu marcado por grandes acontecementos deportivos, como
    a Fórmula1, a liga de campións, o Roland Garrós…, ademais doutros
    eventos como, por exemplo, o Festival de Eurovisión, a TVG segue
    firme na súa liña ascendente iniciada hai uns meses.

    Merece unha mención especial o feito de que, en tan só uns meses,
    a TVG conseguise recurtar a diferenza que a separaba de TVE (case 10
    puntos), e superala, o que indica a fortaleza que está amosando a
    canle autonómica, e a perda graduada de audiencia que experimentou
    TVE en Galicia.

    Espero que toda esa audiencia teña un chisco de espírito crítico.

  • Sigo traducindo

    Xa está traducida ao galego completamente a sidebar.php, pero aínda me faltan archive.php e archives.php. Ademais, engadín unha enquisa -algo, por certo, moi útil.

  • Utopía

    Hoxe foi un día grande para A Coruña. Centos ou mesmo miles de traballadores da Cultura, o Ensino e a Sanidade de toda España desfilaron polo paseo marítimo herculino amosando o seu bo facer diario aos cidadáns. Por un día, sofisticados aparellos de diagnose radiolóxica, coleccións enciclopédicas completas e obras de arte saíron ás rúas para demostrarlles aos veciños que os seus impostos están ben investidos, etcétera, etcétera.