Disque hoxe proxectan na Casa da Cultura de Porto do Son esa «morralla» e «porquería» do «mundo da incultura» que non se anuncia na televisión nin en ningures. E tamén é posible que, se cumpre co seu cometido, non se volva saber máis dela a partir do 20 de xuño, como acontecera o 15 de marzo do ano pasado con outro filme que se chamaba Hay motivo ou algo así.
Gran desembarco de persoeiros dun partido político que non está autorizado a empregar este filme con fins electoralistas.