Se vemos a edición dixital da Voz…
Na edición gutenbergiana publicouse esta foto, que aparece na páxina web do Bar Plaza:
Por certo, que a páxina non ten ningún desperdicio. Pódese aproveitar todo dela, como do porquiño (e esta recomendación non ten nada que ver con que hoxe recibise un e-mail de agradecemento dende o propio establecemento).
Visitándoa, atopei algún que outro déjà vu e tamén un encore vu.
Algún día me pasarei por aí, aínda que me estou quitando da vida nocturna. É un dicir…
Engádega: cal é o presidente?
Festa do Termo Ecuestre
Comentarios
4 respostas a “Festa do Termo Ecuestre”
-
ta claro que se queres enterar do que pasa na Ã?taca tes que ir ao Plasa (ou visitar a súa páxina).
Creo que se gaban de ser un “comisionado” termal. -
Cal é o significado de deja vu, encore vu, e sobre todo pret-a-porter. Pido perdon de anteman, eu sempre fun de ingles.
Grazas anticipadas
-
modestoweb Déjà vu (xa visto) explícao aquí a Wikipedia —en castelán, pois aínda ninguén escribiu o artigo da versión galega—. Encore vu (aínda visto) é unha invención miña e neste caso refírome a alguén a quen aínda vexo con certa frecuencia en contraposición a alguén a quen vía con aínda máis frecuencia. Explícome ou non? Mellor, déixoo.
-
Entendido MOdesto, agora solo che falta que me expliques o termino pret-a-porter, xa que os de ingles, como eu, non temos nin idea, vamos si tes tempo e ques.
Unha aperta fonda.
Deixa unha respostaCancelar a resposta