29M

Como persoa desempregada, apoio a folga xeral de hoxe por diversas razóns, todas elas relacionadas co meu rexeitamento á reforma laboral. A miña xustificación vai ser, neste caso, completamente egoísta:

  • A nova normativa vai dificultar o meu acceso ao mercado laboral, pois facilita a contratación de varios colectivos, fronte a unha persoa de 35 anos coma min.
  • Precariza o emprego. Cando consiga un traballo, teño a certeza de que vou estar máis desprotexido fronte a posibles despedimentos indiscriminados.
  • Facilita a baixada dos soldos, que xa eran dos máis baixos da Europa occidental. Teño tamén a certeza case total de que no próximo emprego que consiga vou cobrar menos do que estou a cobrar de prestación por desemprego.

Por todo isto, eu hoxe protesto non mercando nada. Tampouco me importaría que me descontasen un día de paro, se é que iso fose legalmente posible.

Ah, pois, ao final, este blog si que se actualizou hoxe.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.