Proxectos, proxectos, proxectos

gztoday

Como a cabeza non para, aproveitei que Gandi estaba de aniversario e que sorteaba dominios de balde para facerme cuns cantos e, de paso, darlle saída a varios pseudoproxectos que un ten na cabeza pero que non acaban de saír. O hosting ilimitado de Dreamhost tamén axudou.

Un exemplo disto é GZtoday, un xornal satírico de novas que poderían ser certas, e que xa tiña Twitter desde hai bastante tempo, mais desaproveitado. Pois nada, que xa ten web, e a ver se vai medrando, aos poucos.

Por outra parte, e grazas a que me tocou un dominio .me de balde, pois creei Arríame, un embrión de xornal con información para A Ría (de Muros e Noia) –de aí o seu nome, e a terminoloxía mariñeira; todos eses dobres significados.

Polo de agora o único que inclúe son as candidaturas electorais dos catro concellos, esperando que se chegue a posicionar ben nos buscadores, e a ver en que se acaba convertendo. De todos os xeitos, espero que, malia ter contidos escasos, polo menos estean feitos con profesionalidade, algo do que temos bastante déficit na nosa zona no que a medios de comunicación se refire.

Hai algunha outra cousiña por aí, pero aínda non se puxo en marcha, así que haberá que agardar a ver o que dá de si a miña creatividade.

Grazas por estardes aí! E bo día mundial da liberdade de prensa.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.