My life in film

Acabo de ver o primeiro episodio da serie A miña vida nas películasMy Life in Film-, que estreou esta noite a Galega, como contaba na súa edición de hoxe A Voz (traducida grazas a Vieiros e Dimensiona). Recoméndollela a todos os cinéfilos con senso do humor.

Espero que teña éxito e que non sexa retirada fulminantemente, como CortesCutting it-, outra serie da BBC pero que chegou a un cativísimo 0,4% de share nas sobremesas galegas. Unha mágoa.
Engádega: A estrea de A miña vida nas películas tivo un 7,4% de share. Fonte: vertele.com.

Comentarios

3 respostas a “My life in film”

  1. ei meu! encántame esa serie , sobre todo polas imitacións do resplandor e de sei o que fixeches o derradeiro verán , agardo ansiosa o seguinte capítulo

  2. modestoweb

    A d’O Resplandor’ foi esmendrellante.

  3. o do luns non estivo moi aló xa que non fixo referencia a ningunha pelicula , a ver o seguinte… por certo , moi boa a web

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.