Coincidencias

Hoxé púxenme a ver o capítulo 12 da sétima -e derradeira- xeira de Star Trek-A nova xeración e quedei pampo ao comprobar que o actor convidado do episodio era Terry O’Quinn, máis coñecido como John Locke en Lost. Velaí a demostración:


Non é a primeira vez que atopo estes paralelismos en pouco tempo, ao ver que unha cara ou un nome me soan. Así, o guionista desa mesma serie (Star Trek TNG), René Echevarria, é tamén o creador de The 4400. Tamén me sorprendeu ver case dous días seguidos a Pamela Salem, na serie Into the Labyrinth e nun dos primeiros episodios de Blake’s 7. A pobre encasillouse en papeis de bruxa mala.

Hai que ver que na Wikipedia vén de todo!

(Por certo, que precisan que alguén traduza o artigo sobre Star Trek ao galego. Se teño tempo, fareino eu mesmo. Teño moito tempo libre as dúas vindeiras semanas…

Comentarios

3 respostas a “Coincidencias”

  1. O mesmo actor saia tamén noutra serie de Abrams, Alias; e segundo algunha das teorías de Lost que circulan por aí ambas series están relacionadas dalgunha maneira

  2. modestoweb

    Polo que pon na Wikipedia, tamén saíu nesa ‘marabillosa’ serie chamada JAG.

  3. tawilgz

    Esse homem esta apuntado às series frikis… X-Files, Terra 2, Roswell, Millenium….

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.