Cómo incrustar vídeos de YouTube no teu blog

Como hai xente que ten problemas, explico cómo o fago eu. Con este código:

<object type="application/x-shockwave-flash" data="http://www.youtube.com/v/ENDEREZO_DO_VÍDEO" width="425" height="350">
<param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/ENDEREZO_DO_VÍDEO"/>
</object>

Naturalmente, hai que cambiar ENDEREZO_DO_VÍDEO polo enderezo do vídeo. E así é un código 100% válido como XHTML.

Nunca se debe usar <embed>, unha etiqueta que non se sabe moi ben quen inventou, pero que o World Wide Web Consortium non admite.

Comentarios

6 respostas a “Cómo incrustar vídeos de YouTube no teu blog”

  1. Pois eu tiven que botar man do embed para que correse ben en blogger. Mágoa.

  2. Nada, despistado que é un.

  3. modestoweb

    Co de non usar o <embed> refírome ao WordPress, que corrixe automaticamente todo o que non é válido e, polo tanto, se come esa etiqueta e fai que o vídeo non cargue.

  4. …tamén podes quitar o editor enriquecido, e máis as autocorreccións de xhtml de wp

  5. pois si, en wordpress funciona o que ti dis, pero no muwp (que e o que temos na blogaliza) non.
    creo que a solucion ven por algun plugin…

  6. […] Como todo o mundo dá en tirarse ao multimedia como noutros tempos á bebida, velaquí vai a miña estrea co YouTube. Obrigado a Modesto por como facelo. […]

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.