Estou a publicar dende Windows. Non é que lle pasara nada malo á Debian inestábel, grazas, pero é que estiven a fedellar cos drivers da tarxeta de rede sen fíos e agora mesmo non consigo que funcione. Só lle podía cambiar o enderezo MAC no kernel 2.6.18-3, pero queríame cambiar definitivamente ao 2.6.18-4, así que compilei o driver da Broadcom a través de ndiswrapper, pero non daba resultado: tampouco lle podía cambiar o MAC. Logo probei a instalar o driver bc43xx, pero dáme erros e non consegue potencia de emisión suficiente… En fin, que a cousa non hei de tardar moito en amañala, pero agora mesmo non é o momento.
Dende Windows
Comentarios
3 respostas a “Dende Windows”
-
Manuel González Eu tamén teño o driver bc43xx co kernel 2.6.18 e non teño ningún problema :-/
-
tawilgz Eu também tinha problemas no bc43xx! Pergunte a Gato! XD
-
[…] MAC á tarxeta de rede sen fíos a través do módulo ndiswrapper. E, cando busco no Google, sáeme isto. Haberá que agardar a unha nova versión e probar de […]
Deixa unha respostaCancelar a resposta