O famoso Superpiñeiro, que esta semana saíu ás pantallas galegas en luns por mor do fútbol, abriu o programa ao estilo Sardà gabándose das marabillosas cifras do share da semana pasada. ¿Estará a dicir, subliminalmente, «se decidides prescindir do meu estupendo programa, ides baixar moitísimo na audiencia»?
Na imaxe de embaixo, aparece acompañado de Dona Hermitas, escarallando diversos electrodomésticos. Que dirán os emigrantes que pasan penurias â€â?e que non son visitados por Maricarmen Mella?
Autor: Modesto
-
Superluns
-
Encontros (pero non na terceira fase)
Como habÃa algún tempo que non faciamos aquà un repaso ao programa Encontros, que parece que está ameazado de retirada da grella da TVG, non puiden evitar a tentación de destacar a viaxe que fixo esta semana Maricarmen Mella. Desta volta, continuando no seu imparable periplo na procura de galegos nos lugares máis desfavorecidos e marxinais do mundo, que sofren mil e unha penurias loitando por sacar as súas familias adiante, a nosa amiga lucense visitou a tropicalÃsima, turistiquÃsima e venezuelanÃsima illa Margarita, moi afastada, dende logo, dos bolivarianos delirios de Hugo Chávez. Nada que ver con Telesur. Velaà unha captura:
O acompañante é, naturalmente, de ascendencia galega e, por casualidade, chámase Javier Veiga, pero non é este Javier Veiga. -
A web da Xunta tamén se renova
AÃnda que este mediodÃa Manuel Fraga seguÃa sendo ââ¬â?virtualmente falando, claroââ¬â? o presidente en funcións da Xunta, a web do goberno autonómico xa está en proceso de actualización e nos amosa a biografÃa de Emilio Pérez Touriño. Dende aquÃ, aproveito para felicitalo por adiantado, pois que o vindeiro luns é o seu cumpreanos, e non creo que para daquela me lembre.
Postdata: Quédache algunha vacante na CRTVG para min, agora que se vai baleirar un pouquiño?
-
Software ceibe na Galiza
Leo en Todo Nada unhas interesantes reflexións do Palanghreiro de LalÃn sobre o software libre. A ver se o novo goberno fai algo e nos liberamos do xugo opresor do señor Billy Gates…
Que quede claro que eu son un firme defensor do GNU/Linux, que descubrÃn xa vai facer dous anos, e sigo usando dende entón, ata o punto de que xa teño un tanto esquecida a partición do Windows. -
Aparición
Non puiden evitar tirarlle unha foto ao televisor cando vin aparecer na pantalla ao que fora profesor meu na facultade de Xornalismo de Santiago, Xosé Ramón Pousa Estévez, presentando un libro na necesaria sección literaria do Telexornal da Galega. Unha imaxe para a Historia.