Como había algún tempo que non faciamos aquí un repaso ao programa Encontros, que parece que está ameazado de retirada da grella da TVG, non puiden evitar a tentación de destacar a viaxe que fixo esta semana Maricarmen Mella. Desta volta, continuando no seu imparable periplo na procura de galegos nos lugares máis desfavorecidos e marxinais do mundo, que sofren mil e unha penurias loitando por sacar as súas familias adiante, a nosa amiga lucense visitou a tropicalísima, turistiquísima e venezuelanísima illa Margarita, moi afastada, dende logo, dos bolivarianos delirios de Hugo Chávez. Nada que ver con Telesur. Velaí unha captura:
O acompañante é, naturalmente, de ascendencia galega e, por casualidade, chámase Javier Veiga, pero non é este Javier Veiga.
eu penso que ti non vias o programa e falas so por envexa, o mellor gustariache estar ti presentandoo? en fin hai moitas maneiras de facer as cousas, o mellor a rapaza non o facia de todo ben, pero o programa falaba dos emigrantes como min e agora non temos nada.
saudos
‘Encontros’ comezou sendo un programa sobre a emigración, cando o presentaba Pemón Bouzas. Pero a cousa acabou dexenerando, desgrazadamente. É certo que a TVG terá que cubrir o oco con algún espazo digno.
E a última etapa de ‘Encontros’ non reflectía dun xeito demasiado o mundo da emigración, senón que era máis ben unha escusa para que Maricarmen fixera viaxes de pracer polas zonas máis turísticas do globo, como se non houbera emigrantes noutros países necesitados de novas da súa terra.
Comprenderás que no post de arriba, como en moitos outros, emprego a retranca e a ironía.
Saúde e sorte, Pepita. 😉