Máxima audiencia tivo un 6,4 por cento de cota de pantalla, segundo Vertele. Unha mágoa.
Autor: Modesto
-
Máxima audiencia
Esta noite regresou á Galega o programa Máxima audiencia, presentado por Manquiña. Aínda que non é novo, é a primeira vez que se emite nun horario accesible. A ver se dura, a pesar de que a audiencia non creo que sexa tan ‘máxima’. Algo está a cambiar na TVG?
-
Soa na cidade
Era o título dun programa que presentaba a inefable Cristina Tárrega. Pero agora emprégao a máis inefable aínda Beatriz Manjón para a súa columna diaria en La Voz de Galicia â€â?tremenda fichaxe, por certo. Hoxe fai un repaso máis que exhaustivo ás cancións do verán que aproveitan as calores do verán e o derretimento neuronal propio destas datas para lavarnos o cerebro de mala maneira. Aà queda unha ligazón ao texto de hoxe…
Sorpréndeme esa exuberancia léxica que mesmo resulta abafante por momentos e que demostra que a nosa querida Bea estivo completamente desaproveitada ata agora dende o punto de vista da prensa escrita.
-
Xa estamos en outubro
Hoxe podemos ler na edición do Barbanza de La Voz de Galicia unha sorprendente nova: o cupón da ONCE deste domingo estará dedicado a Ribeira. Ata aÃ, todo ben. O malo é que se ollamos detidamente a imaxe, descubriremos que este domingo NON à 17 de outubro, senón 17 de xullo. Haberá que agardar tres meses, logo. Ademais, o dÃa do sorteo caerá en luns. Errare humanum est, Aniña.
Engádega: Ribeira escrÃbese con B. -
Creative Commons, en galego dende hoxe
Dende hoxe, as licenzas Creative Commons teñen versión en galego, grazas ao Consello da Cultura Galega. ModestoWeb incorpora, xa que logo, unha ligazón a ese texto traducido.
Ler máis…