Soa na cidade

Era o título dun programa que presentaba a inefable Cristina Tárrega. Pero agora emprégao a máis inefable aínda Beatriz Manjón para a súa columna diaria en La Voz de Galicia â€â€?tremenda fichaxe, por certo. Hoxe fai un repaso máis que exhaustivo ás cancións do verán que aproveitan as calores do verán e o derretimento neuronal propio destas datas para lavarnos o cerebro de mala maneira. Aí queda unha ligazón ao texto de hoxe
Sorpréndeme esa exuberancia léxica que mesmo resulta abafante por momentos e que demostra que a nosa querida Bea estivo completamente desaproveitada ata agora dende o punto de vista da prensa escrita.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.