ModestoWeb acadou hoxe as 5.000 visitas dende a súa fundación, aló a mediados do mes de decembro do 2004. Estades todos convidados a un cacho de pastel virtual.
Autor: Modesto
-
Felices 5.000
-
E este quen é?
Preguntáronmo hoxe. Quero dicir, onte.
-
19-X Armageddon
Podería ser o título dunha nova superprodución de Hollywood, ou ben o que lles podería acontecer a estes tres. Ou non. Todo depende. E, senón, tanto ten. Podemos aguantalos outros tantos anos máis, non?
E que pasaría se marchan? Afundiríase a audiencia da TVG como a de TVE? -
Por un novo Estatuto
Galicia/Galiza (deixemos a incógnita sen despexar) merece un novo Estatuto, pero non un Estatuto de Autonomía, nin un Estatuto de Nación, senón un Estatuto de Universo, porque somos tan diferentes que debemos contar cunhas leis fisicas diferentes ás do resto.
A ver cándo alguén se atreve a ofrecérnolo. -
A decadencia da Europa Occidental
Ou os resultados do Festival de Eurovisión.