Agora podédesme atopar nestoutro lugar:
http://modestoweb.org/
Actualizade os vosos marcadores e/ou favoritos!
Nota 1: o enderezo http://modestoweb.tk/ segue funcionando, pero agora redirixe a f2o.
Nota 2: agora tamén existe http://modestoweb2.tk/
Autor: Modesto
-
Xa non estou aquí
-
ModestoWeb NON seguirá en blogspot
Corrixo o artigo de aí abaixo:
A partir de agora, o enderezo de ModestoWeb será http://modestoweb.org/. De momento, tamén se poderá visitar en http://modestoweb.blogspot.com/, pero este enderezo non se actualizará máis. De todos os xeitos, todos os que cheguen ata alí serán avisados convenientemente. -
Agora, tamén con fotos
Convídovos a visitar de cando en vez ModestoWeb2 (que pesado con tanto autobombo!), porque agora mesmo colgo fotos e todo. En todo caso, estas imaxes estarán baseadas na realidade palpable, a diferenza da ModestoWeb de toda a vida. A ver se esta vez a cousa funciona. Espero que si.
-
O Corte Inglés
Chámanlle así porque se parece por fóra. Pero, por dentro, non.
-
Eurovisión
Aínda que non o pareza a simple vista, esta cantante bielorrusa ten unha voz terrorífica. Cousas das eliminatorias do festival de Eurovisión, esta noite na 2. Por certo, que a emisión debe ser en formato panorámico, pero a alta tecnoloxía que existe neste estado plurinacional chamado España obríganos a colocar un ancho e horrible bordo negro na parte superior da pantalla. Ou será para pasar mensaxes SMS?