Unha boa nova para a lingua galega.
Esta mañá comezou a programación local de 40 Nordés, unha emisora de radio que vén ocupar o oco que deixou a desaparecida Radio Bergantiños e que ten, como principal innovación, o uso do galego nunha radiofórmula do grupo Prisa. Se en Cataluña usan o catalán, por que en Galicia non ían empregar o galego?
De aquella, es que los gallegos te somos así, ¡y luego!
Por suposto, non son de ningún xeito defensor da música que poñen nos 40, pero, todo sexa pola normalización lingüística.
Máis datos: emite no 95.4, teoricamente, pero tamén no 90.4 e no 104.1. Espero que non se decate Esperanza Aguirre…
Actualización (13 de abril): O 90.4 cambiou por 91.6. Reitero o de Espe.
Outra actualización (15 de abril): Onte, o 91.6 cambiou por 93.2. Sen comentarios…
Autor: Modesto
-
Os corenta principais
-
Campaña promocional
Hai un tempo pensei en cambiar a imaxe de ModestoWeb e promocionala masivamente en todos os medios de comunicación. Pero, como me pasei un pouco, decidín venderlle o logotipo a Movistar por un módico prezo. Este era o orixinal:
É que tampouco hai que abusar.
Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia. -
Coas imaxes ás voltas
Parece que “milagrosamente” volve funcionar a conta de ya.com na que tiña aloxadas as imaxes deste blog. Polo tanto, voulle dar unha nova oportunidade e deixar libre a FTP de Wanadoo. Xa me estaba a entrar medo de ver cómo o buscador de imaxes de Google me indizaba ducias de veces a captura de “Crónicas Marranas”.
(Si. Xa sei que morreu Xoán Paulo II, pero supoño que xa vos decataríades por outro medio. Non estamos para iso…) -
Moita policía, pouca diversión
Era unha canción de Eskorbuto.
Por suposto, a imaxe é real.