Os corenta principais

Unha boa nova para a lingua galega.
Esta mañá comezou a programación local de 40 Nordés, unha emisora de radio que vén ocupar o oco que deixou a desaparecida Radio Bergantiños e que ten, como principal innovación, o uso do galego nunha radiofórmula do grupo Prisa. Se en Cataluña usan o catalán, por que en Galicia non ían empregar o galego?
De aquella, es que los gallegos te somos así, ¡y luego!
Por suposto, non son de ningún xeito defensor da música que poñen nos 40, pero, todo sexa pola normalización lingüística.
Máis datos: emite no 95.4, teoricamente, pero tamén no 90.4 e no 104.1. Espero que non se decate Esperanza Aguirre

Actualización (13 de abril): O 90.4 cambiou por 91.6. Reitero o de Espe.
Outra actualización (15 de abril): Onte, o 91.6 cambiou por 93.2. Sen comentarios…

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.