Aínda hai alguén no mundo mundial que non teña conta en Gmail? Arestora quédanme 4 convites totalmente gratis, aínda que acepto donativos. ;-p
Autor: Modesto
-
Convites para Gmail
-
Ryanair xa está en Compostela
Confirmouno na TV oficial do reino (de Galicia) o conselleiro de Cultura, Turismo e etcéteras, Jesús Pérez Varela (non sei por que Beiras tiña a teima de chamarlle “pequeno Goebbels”). A partir de agora, poderemos voar a Londres por 3 euros. Unha boa nova, tanto para María como para Maricarmen Mella, aínda que supoño que esta última seguirá viaxando en primeira clase coa aeroliña (non federal) máis cara que haxa…
-
…E nós sen sabelo
Así que El Correo Gallego é o xornal máis influínte de Galicia. Mágoa que teñan o servidor de Galicia Hoxe caído…
Actualización (10/1/2005, 23:13h): a web de Galicia Hoxe xa funciona. Nunca é tarde… Saúdos a Pili e Natalia. -
ModestoWebRadio
Un día destes (quizais mañá) poñerei a funcionar a marabillosa ModestoWebRadio online, que xa estiven probando esta tarde. Podedes imaxinar a inmensa calidade da música que soará por esas ondas virtuais. Iso si, só vai estar activa durante algunhas horas, e unicamente as fins de semana, que é o que me permite a miña conexión a Internet…