Ryanair xa está en Compostela

Confirmouno na TV oficial do reino (de Galicia) o conselleiro de Cultura, Turismo e etcéteras, Jesús Pérez Varela (non sei por que Beiras tiña a teima de chamarlle “pequeno Goebbels”). A partir de agora, poderemos voar a Londres por 3 euros. Unha boa nova, tanto para María como para Maricarmen Mella, aínda que supoño que esta última seguirá viaxando en primeira clase coa aeroliña (non federal) máis cara que haxa…
Pérez Varela

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.