Un amigo blogueiro, do que non vou dicir o nome porque non sei se prefire permanecer no economato, pásame esta captura dun famoso xornal que nos demostra que é perfectamente compatíbel ser analfabeto e crer que ETA tivo algo que ver co 11-M. Ademais, sérveme para completar esta sorte de monográfico do apartado E-Ratas que fai que miles de persoas visiten este blog buscando fotos de ratas, e non as atopen. Ademais, o tema é de rabuda actualidade.
Autor: Modesto
-
La Coz
Deixando de lado o indiscutíbel interese da nova, agora xa sei por que lle chaman La Coz de Galicia… polas patadas ao dicionario (da RAE). Estivo así toda a tarde de hoxe.
-
Jiménez Lozanitos
Cambiaría o apelido para non coincidir co famoso grupo musical?
-
Non pasaron
Estes son os participantes que non estarán na final do Festival de Eurovisión do sábado. Como era de agardar, o público castigou as propostas máis estrafalarias, aínda que non todas. Deica, pavo Dustin!
-
Un día histórico para o audiovisual galego
Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde 😀
Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.
Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben: