Un día histórico para o audiovisual galego

Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde 😀


Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.

Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben:

6 comentarios

  1. Pingback: chuza.org
  2. O certo é que a emisión de TDT local empezou o 2 de maio coa portadora na canle 23. Ese día durante varias horas poidemos ver Localia Tv en probas e posteriormente quedou o nome da emisora e a portadora mentres se fixeron axustes, nos que por certo andan ainda agora. Respecto a calidade é a mesma que as demais emisoras unicamente se nota a diferenza cando a emisión é en directo, ou en peliculas gravadas en analóxico ou dixital, tal como acontece coas demais emisoras. O indicativo do audio depende do equipo receptor que na maioria das veces non ten o indicativo de galego. De todolos xeitos é unha boa nova que esperemos se complete pronto coas que fallan tanto locais como autonómicas.

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.