Entroido artificial

Pedinlle á intelixencia artificial de Craiyon que me amosase persoas das sete cidades galegas disfrazadas de difersos personaxes. Estes foron os resultados:

Entroido de Lugo:

En Ourense están máis pegados á actualidade:

O Entroido da Coruña é máis estilo libre:

O de Pontevedra, pois tamén:

Os de Vigo van un pouco de bandeira de Vigo, e non de Abel, pero ok.

En Ferrol SI QUE ACCURATE.

Composteláns compostelaning pero ao final resultaron ir disfrazados de Plásticos Santi.

Originally tweeted by Modesto (@Modesto) on Friday, 27 de January de 2023.

Volveu ‘A Ración’

A ubiduidade fai Mella neste blog

Pois despois de moito tempo volveu esta publicación tan interesante e que só ten primeira páxina.

Aínda que a ficción nunca chegará a superar a realidade, velaquí unha nova entrega d’A Ración.

Cousas que pasan -ultimamente- en Compos

Austeridade selectiva: non darlle nin un can ao que queremos que morra de inanición económica porque non nos interesa que exista, mentres seguimos estragando millóns en asuntos socialmente inútiles pero ideoloxicamente afíns, que ao final, ademais, poden resultar un fracaso estrepitoso. Eu non te agardo!

Pola miña parte, eu xa deixei Compostela, aínda que non sei se temporal ou definitivamente, nin até cando.

Festiguai

Moitas cousas pasaron este sábado, pero será mellor contalo en fotos.

Que ricos son os xelados de Brión!

Mesmo había xente disfrazada dos seus blogueiros favoritos, como este dobre de Ghanito, coa cara igual de pixelada.

Tamén apareceu un tal Ranchinchancho, con cornos postos por man inocente.


Non faltaron figuras senlleiras do pensamento nacionalista.

Os libreiros querían facer caixa e supuxeron que habería moitos reintegratas dispostos a mercar as súas rarezas.

E tamén visitamos a carpa do software libre. Ghanito (o de verdade) quixo comprobar que Fran Diéguez está cada día máis forte.