Cousas que pasan -ultimamente- en Compos

Austeridade selectiva: non darlle nin un can ao que queremos que morra de inanición económica porque non nos interesa que exista, mentres seguimos estragando millóns en asuntos socialmente inútiles pero ideoloxicamente afíns, que ao final, ademais, poden resultar un fracaso estrepitoso. Eu non te agardo!

Pola miña parte, eu xa deixei Compostela, aínda que non sei se temporal ou definitivamente, nin até cando.

Desconexións

En varios sentidos da palabra. Por unha parte, agora non vou ter a posibilidade -de momento- de actualizar o blog entre semana, por falta de conexión no fogar, co que o número de actualizacións, que xa non era moi alto, vai seguir decrecendo.

Por outra, quería falar dun tema que está a causar algún malestar, aínda que supoño que non en demasiadas persoas, só nos frikis televisivos e pouco máis. Pois ben, dende o 13 de febreiro, a TVG comezou a incorporar -xa non era sen tempo- as desconexións locais nas súas emisións por TDT, que serán as únicas que faga de aquí a pouco (ademais do satélite). Pois ben, isto provocou que houbese algúns cambios.

Por exemplo, agora na ría de Muros e Noia podemos ver as próximas e interesantes noticias da Coruña e de Ferrol, este sábado con TCs de regalo:

Non tes instalado Flash ou tes desactivado JavaScript.

Chamei a Retegal para ver se o podían resolver, e de alí a un pouco chamáronme -pensaban que eu era de Control Central (!)- e dixéronme que “o Ministerio” indicaba que había que poñer nesa zona a desconexión da Coruña. Ben, o certo é que aquí temos a TDT autonómica na canle 61, pero é polo feito de que 40 (a de Santiago) está a ser usada en analóxico por Antena 3, e non por outra razón. De feito, en Fisterra tamén usan a canle 40, polo que se dá a situación absurda de que a desconexión da Coruña-Ferrol se ve na súa área de influencia e nun pequeno Xibraltar ao suroeste da provincia. Preguntei se iso ía cambiar co apagón analóxico de xuño e dixeron que non, que eran ordes do Ministerio. Espero que impere a cordura e fagan o cambio cando desapareza a Antena 3 analóxica. Ou, polo menos, que deixen de enviar redactores da delegación da TVG de Compostela a cubrir novas a Noia e, no seu lugar, manden xente da Coruña.

E, aínda que pareza un tema localista, o certo é que a xente de Pontevedra tamén está bastante anoxada, porque en dixital ven a programación de Vigo e non a que lles corresponde. Neste caso, a solución probábel será facer como fan na Coruña con Ferrol e deixar uns minutos para a información da capital provincial. Pero teñen de prazo até abril de 2010.

Un día histórico para o audiovisual galego

Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde 😀


Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.

Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben: