Este ano aínda non fun a Cineuropa.
Autor: Modesto
-
Pítanme os ouvidos
Dise que, cando falan de ti, pítanche os ouvidos. E cando falan de ti e o estás a ver nese mesmo momento? Non sabía que eu era tan importante… Vivide a vosa vida.
-
Ás voltas co fuso horario
Felipe Barral, un brasileiro coñecido por ter descuberto a existencia da lingua galega no Grove ou en Ogrobe, como vostedes prefiran, estivo de visita recentemente por Compostela. Aloxado no Monte do Gozo, amosou a súa sorpresa polo feito de que ás nove aínda fose de día e polo estraño horario ao que estamos sometidos os galegos. De seguro que se tivese vido a finais de xuño ou comezos de xullo, con eses días que duran até as once, se tería sorprendido aínda máis. Na súa páxina de vídeos de YouTube hai outros testemuños do seu paso polo noso país.
-
Not in València
Pois iso, que por un lamentabilísimo despiste co que non teño nada que ver, debería ter pasado os dous últimos días en Valencia by the face, todo reservado e pagado. Pero… por que non me avisaron?
-
Indecisión
É o que se nota cando cambias de tema constantemente -de tema visual do blog, quero dicir.