Autor: Modesto

  • Existe

    A Polo Ghit! 2007

    A que mola a nova camisola laranxa de A Polo Ghit 07?

  • Mudanzas

    Mais só estéticas, de momento.

    Faltan, por exemplo, rematar de traducir o molde, cambiar a tipografía -non me convence- e rematar de arranxar a validación.

  • Tres promesas sobre Chuza

    A famosísima web galega de selección non xerárquica de novas, Chuza!, da que son seguidor habitual, está a evolucionar de tal xeito que fixo que me comprometese ao seguinte:

    1. Non chuzarei nada que xa lese hai varios días en Slashdot
    2. Non chuzarei nada que se acabe de publicar en Menéame, para que Chuza non se converta nunha versión traducida da web española
    3. Non vou dicir nin chío até que a cousa non se estabilice un pouco.

    A imaxe da esquerda é a portada de Menéame de hai uns minutos. A metade da dereita, tres das novas en pendentes de Chuza á mesma hora. Polo menos as fontes son diferentes. 😈

    Engadido: Véxome obrigado a puntualizar: cando digo «non chuzar» refírome a «non apoiar unha chuzada para que pase á portada» e non a «enviar unha nova a chuza».

  • O exame

    Como seguen a chegar millóns e millóns de visitas procurando «Teoría de la información: el proceso informativo en radio y televisión», vou seguir co xogo pero agora ofrecendo unha imaxe de cal foi o -meu- exame do 20 maio de 2000, a anterior convocatoria. Por desgraza, non acertei demasiadas respostas.

  • Tan gallegos como en gallego

    Será que os de Tan gallego como el gallego están a sabotear as televisións locais das zonas máis galegofalantes do país? Visto en Telebarbanza:

    Non esquezan pechar a boca despois de ver o vídeo. Arrepiante!