A famosísima web galega de selección non xerárquica de novas, Chuza!, da que son seguidor habitual, está a evolucionar de tal xeito que fixo que me comprometese ao seguinte:
- Non chuzarei nada que xa lese hai varios días en Slashdot
- Non chuzarei nada que se acabe de publicar en Menéame, para que Chuza non se converta nunha versión traducida da web española
- Non vou dicir nin chío até que a cousa non se estabilice un pouco.
A imaxe da esquerda é a portada de Menéame de hai uns minutos. A metade da dereita, tres das novas en pendentes de Chuza á mesma hora. Polo menos as fontes son diferentes. 😈
Engadido: Véxome obrigado a puntualizar: cando digo «non chuzar» refírome a «non apoiar unha chuzada para que pase á portada» e non a «enviar unha nova a chuza».
Deixa unha respostaCancelar a resposta