Autor: Modesto

  • Voyage, voyage

    A estas alturas -falta menos dun mes- non teño nin idea de se vou ir a algures de vacacións ou non, aínda que, coñecéndome, é posíbel que acabe por non cruzar a fronteira nin nada. E no caso de ir, tampouco sei a onde, aínda que si sei que prefiro o norte ao sur e o frío á calor, sobre todo se esta supera os 40 graos. E, ademais, teño varios asuntos en contra: uns de tipo familiar e outros doutro tipo -dos que non podo falar até que pasen uns días, máis que nada por puro egoísmo-. Total, que estou confuso. Acepto suxestións, claro. 😀

  • Por que non dixen nada das eleccións

    Pois porque o tema me resultou un pouco esgotador e porque, ademais, habendo no blogomillo moitísimos mellores opinadores e opinadoras… Para que? Para cagala?

    Pero, igual, se teño tempo, me dedico ao tema.

  • Noite Mourente

    Como Ghanito xa o fai marabillosamente aquí e aquí, e o Regueifeiro tamén, non teño moito máis que comentar do de onte á noite, só facer achegas audiovisuais. Velaquí o vídeo do debut de Projecto Mourente:

    Vídeo

    Tamén temos fotos. Esta é duns minutos antes, cando The Homens e Projecto Mourente tamén compartiron escenario, pero cos primeiros como protagonistas:

    Na seguinte, Ghanito fala con Calidonia poucos minutos antes de que este último marchase, non sei se a consecuencia disto ou non -supoño que non.

    E esta última, lixeiramente retocada, amosa un momento posterior da noite, diante do Tarasca, onde Ifrit foi falar cuns amigos, pero penso que non eran orgasmus.

  • A cultura galega na rede

    Interesante reportaxe do programa Miraxes da Galega sobre os máis senlleiros portais da cultura galega na rede, onde sae algunha que outra xente coñecida…