Voyage, voyage

A estas alturas -falta menos dun mes- non teño nin idea de se vou ir a algures de vacacións ou non, aínda que, coñecéndome, é posíbel que acabe por non cruzar a fronteira nin nada. E no caso de ir, tampouco sei a onde, aínda que si sei que prefiro o norte ao sur e o frío á calor, sobre todo se esta supera os 40 graos. E, ademais, teño varios asuntos en contra: uns de tipo familiar e outros doutro tipo -dos que non podo falar até que pasen uns días, máis que nada por puro egoísmo-. Total, que estou confuso. Acepto suxestións, claro. 😀

3 comentarios

  1. …eu paseino moi ben en londres… agora apetéceme europa do leste… dinamarca/suecia/finlandia, tamén gañan papeletas…

    …da unha volta polas páxinas de voos baratos e sumérxete… 😀

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.