Eu sempre fun máis de Atenas.
Autor: Modesto
-
The Tequila Incident
It happened some days ago. I would explain it if I could. But I won’t.
-
As fotos
Como a entrada inmediatamente anterior a esta queda un pouco fría e falta de cor, velaquí a crónica visual da noite:
Ghanito saudando á cámara e un amigo amish que pasaba por alí.
Ademais de haber un récord de concentración de podcasteiros por metro cadrado, tamén o houbo de converses.
Por suposto, tocaron os do Colectivo Oruga.
Vincent aproveitou para sacar moooooitas fotos no Patachim. A ver que sae…
Mágoa non ter ido. E a explicación de por que Mourullo non estivo o venres. -
Amish night
Estreando o meu novo look amish –Ghanito dixit-, acudín o venres á noite á festa E-Music, dese fantástico programa que conduce maxistralmente Sak e que se celebrou por todo o alto no pub 14 de Monte Ídem. Ao final, só fomos tres persoas dende DC: Aluguer, que levaba o carro, Ictios e mais eu. Estes dous últimos estivemos a falar un bo anaco sobre temas endopodcasteiros mentres agardabamos por Aluguer, que logo se verían confirmados na Coruña, onde tivo lugar a meirande concentración de podcasteiros por metro cadrado.
A viaxe
Despois de deixar o vehículo no Parrote, nun aparcadoiro con guía euskaldún, dirixímonos até o punto de encontro,
La Mediterránea[Mediterrania, corrixe Pawley], na rúa Tui, e eu comprobei, con horror, que era o que tiña máis dominio do rueiro coruñés. Pero o noso senso da orientación non fallou e acabamos chegando ao lugar de encontro, máis ou menos. O feito de atoparmos a Sak e compañía ceando nun local hostaleiro foi a proba definitiva de que iamos polo bo camiño.Axiña atopamos o pub 14, aínda que unha hora antes do comezo da festa en cuestión. E como non tiñamos moita idea de por onde quedaba a Mediterránea esa, chamei a Ascárida, para ver se nos podía guiar. A resposta non foi moi esperanzadora: o local ese levaba bastante tempo pechado. Así que ela e mais Ghanito apareceron uns minutos despois e, por diversos motivos, acabamos nunha kebabaría con simpática camareira de sorriso contaxioso. Na rúa
San José[San Juan, corrixe Mourullo], se queren máis pistas.A cea
Mentres ceabamos e falabamos de temas endogámicos, endolaborais e endochuceiros, decateime -con axuda, claro- de que eu era o único que tiña o número de Nemtele, con quen quedaramos no restaurante chapado e contrachapado, pero, por desgraza, non contestou á miña chamada e non o vimos en toda a noite. Unha aperta para el (empezo a parecer Patricia Conde).
A festa
Despois foi o momento da festa propiamente dita. Atopamos alí moitísima xente coñecida -algunha non de vista-. Besbellinha, Maríademallou -a quen xa coñecía pero ela a min non-, Gustavo Harvey -el coñecíame a min pola foto do last.fm, non sei por que-, Calidonia -estreando look barbudo-, Gelical -ouvinte do meu podcast e, dende agora, eu tamén do seu-, e tamén Lourixe -por quen eu fun posuído en certa ocasión- e Maceirax, a quen só coñecía polo seu nick de Chuza! e pouco máis.
Tamén apareceu por alí Vincent Jalo, que repartiu crachas de Sonotone a esgalla, e todo o mundo fixo uso da miña cámara de fotos, que eu levara para facer de fotógrafo pero que ao final pouco empreguei. Nin sequera fomos á perrucaría Maribel. Xa haberá tempo noutra ocasión. E, por suposto, gozamos -uns máis e outros menos- da música do Colectivo Oruga, ao que lle haberá que seguir a pista (sempre digo o mesmo). Eu xa son superfans.
Fin de festa
Despois, algúns (Aluguer, Calidonia, Ghanito, Ascárida, Ictios e mais eu) marchamos cara ao Patachim, situado non demasiado lonxe de alí, e coincidimos novamente con Vincent Jalo e compañía, que tiña unha noite un tanto casamenteira aínda que quizais sen moita puntaría -mellor non digo máis-. E despois de moito tequila e baile e música e todo iso -porque estaba o picadiscos que sempre nos fai caso-, fomos para a casiña porque temos o mal costume de pasar tres horas en cada sitio e, claro, así non se pode ver moita variedade de locais. Botamos en falta a Snob (un saúdo para el), que non quixera vir, e tamén a Mourullo, que quizais estaba un pouco canso de ter saído tamén o xoves (outro saúdo máis). Sugar Kane, de viaxe por Europa, tampouco estivo (un saúdo para el e moitas grazas pola postal de Praga).
E poño esta foto de Abraham Lincoln aínda que non saiba moi ben por que:
-
Obriga moral
Tiña que facelo. Aínda que teño ultimamente o blogue bastante abandonado, por motivos xustificados e xustificábeis, non podía pasar sen deixar aquí a miña pequena lembranza de Carlos Casares, respondendo ao chamamento das uvas na solaina. Lembro aquela columna que facía naquel xornal naquela época que para min resultou tan especial, non sei se no senso positivo ou no negativo do adxectivo. E si, concordo en que Casares foi quizais o primeiro blogueiro, antes de que existisen os blogues. A través das súas marxes, todos estivemos interesados en saber o que lle pasaba ao seu gato Samuel, en coñecer o seu interese sobre os trens eléctricos e, en fin, todo o que lle acontecía a Casares na súa vida diaria. Para cando un día das Letras?