Autor: Modesto

  • Obriga moral

    Tiña que facelo. Aínda que teño ultimamente o blogue bastante abandonado, por motivos xustificados e xustificábeis, non podía pasar sen deixar aquí a miña pequena lembranza de Carlos Casares, respondendo ao chamamento das uvas na solaina. Lembro aquela columna que facía naquel xornal naquela época que para min resultou tan especial, non sei se no senso positivo ou no negativo do adxectivo. E si, concordo en que Casares foi quizais o primeiro blogueiro, antes de que existisen os blogues. A través das súas marxes, todos estivemos interesados en saber o que lle pasaba ao seu gato Samuel, en coñecer o seu interese sobre os trens eléctricos e, en fin, todo o que lle acontecía a Casares na súa vida diaria. Para cando un día das Letras?

  • Ainz

    Todo o mundo de festa e eu, traballando. Á mañá parecía que se extinguira a Humanidade. Ao serán, un rebumbio.

  • Esta semana…

    Algún que outro asunto transcendental, quizais algún momento para lembrar pero que agora non podo predicir e, sen dúbida, unha noite de domingo de abstinencia.

  • TODO

    • Teño que actualizar máis o blogue.
    • Teño que actualizar máis o podcast.
    • Teño que actualizar as Noticias Extrarradio.
    • Teño que facer unha portada para pailan.org.