Autor: Modesto

  • A Galega, sen avisar

    Pois si. Dende hoxe, a TVG é a Galega, sen previo aviso.

    Un exemplo de como é a volta de publicidade e de como a programación segue sendo surfeira total. O que mola é ese breve «Televisión de Galicia» cando aparece o díptero.

    Vídeo

  • O PTN definitivo

    Publicouse hoxe no BOE, e non se diferencia demasiado do que se adiantou aquí hai menos de dous meses.

  • Noite de curtas

    Onte asistín, xunto a Snob e ifrit, á proxección das mellores curtas de Curtocircuíto 06, que, ao final, a pesar do que poñía no programa, non foi no parque de Belvís, senón na praza de abastos. Alí, mollar, non nos mollamos, pero pasamos un frío…

    Todas moi ben, especialmente a de Nemtele, a quen lle desexamos moita sorte, e a ver se acada o premio do público.

    Despois, confirmamos que esta pìntada segue no seu sitio. Como ten que ser.

  • Pasatempo

    Mire atentamente as seguintes capturas de catro cadeas de televisión diferentes e descubra qué micrófonos de qué dúas televisións que se supón deberan de estar aí non aparecen nas imaxes.

    Pista: Os feitos aconteceron no xulgado de Ribeira.




  • Debian

    Onte instalei Debian, despois de ter corrompido de mala maneira a partición con LVM de Fedora, que non cargaba pero que si puiden rescatar instalando temporalmente Kubuntu. Seguindo numerosas recomendacións, fíxenme debianita, penso que definitivamente. Iso si: a póla estable (Sarge) resultoume como un paso atrás, polo que actualicei a Etch, actualmente testing, pero en decembro -suponse- estable.

    Nota: Se vostede non entende nin palabra do que pon enriba, non o tente.