Ou, polo menos, o look deste blog. Despois da desaparición da recompilación de Noticias Extrarradio, debida ao uso de Fantastico Deluxe á hora de actualizar Drupal.
Autor: Modesto
-
Here comes the rain
Despois de semanas de seca, vento e incendios, mañá chegará, por fin, a chuvia. Os incendiarios -que non pirómanos- xa o saben, e por iso xa hoxe deixaron de traballar. Agora será o momento para as riadas de lama negra procedente dos montes queimados, que quedarán aínda máis desprotexidos despois de teren perdido a súa cobertura vexetal. A imaxe marciana de máis abaixo está cada vez máis preto.
-
Breogania despois da catástrofe
En realidade, esta imaxe é de Marte, e foi tomada polo vehículo Spirit da NASA. NASA/JPL-Caltech/Cornell/NMMNH.
Semella que por alí xa pasaron os pirómanos hai tempo.
-
Concerto
Pois si. Onte tocou concerto. Con SugarKane e Besbellinha (graciñas por soportarme) fun ata Vigo -cidade que é todo un misterio para min- a ver aos inconmensurábeis Catpeople. Despois tamén actuaron uns que seica lles chaman Pet Shop Boys e de cuxa actuación se pode ver aquí un pequeno anaco:
Alí atopámonos con Mourullo, quen xa sabiamos que ía asistir a tan magno acontecemento musical, e eu tamén tiven un reencontro cunha compañeira, pero non podía imaxinar que alí tamén estaban Cesare e compañía, como el mesmo explica no seu blog. Iso sóubeno o día seguinte, por iso non nos vimos fisicamente -era bastante difícil, por certo, entre tanta xente-, e tiven que soportar ao típico energúmeno saltarín que se me puxo diante.
Pero estivo ben.