Autor: Modesto

  • Todo o que vostede sempre quixo saber sobre a xantanza e non se atreveu a preguntar

    A xantanza (xantar de confraternidade de blogueiros galegos) perpetrouse onte, a partir das dúas e media da tarde, no compostelán restaurante San Clodio, na rúa de San Pedro, esa que despois Yolanda Castaño rebautizou como rúa da Pel, e que agora se chama rúa da Pelexa:

    Rúa da Pelexa

    Na entrañable compaña de case trinta persoas (Acedre, Arduina, Ascárida, Besbellinha, Calidonia, Dorfun, Emereci, Fer, Goretoxo & family, Ghanito, Homedareia, Ifrit, Jan, Leco & company, Marcus, Mourullo, Muralla & company, Oko, Opaco, O’Xirarei, Pawley, Snob e Xornalistiña, por orde alfabética), degustamos as especialidades da casa, e todo o mundo puido saber que non me gusta esta, pero non pasei fame, non se preocupen.

    Na sobremesa, procedeuse á entrega dos agasallos do amigo inblogsíbel, iniciativa na que non puiden participar por non me ter decatado a tempo. Todo o mundo pareceu moi ilusionado cos presentes recibidos, aínda que ao final a maxia do momento foi parcialmente rota ao se teren divulgado os emparellamentos regalador-regalado.

    Á saída da xantanza produciuse o momento-performance da xornada e, quizais, do ano ou do século: a pintada feita pola famosa poeta galega foi transformada na moito máis suxestiva que se ve ao comezo deste post. Tamén foi o momento de sacarse retratos co exemplar do Gara xusto antes de pasar todo o que quedaba de luz solar no parque de Bonaval. Nese marco incomparábel uns foron marchando e outros sumáronse á festa: Berto, Orsinia, El niño de la guía e Aluguer. Tamén tivemos unha sesión musical irrepetible cabo da porta da música de Chillida a cargo de Fredy Fevereiro, que tamén estivo antes no San Clodio.

    O certo é que moitos estabamos demasiado entretidos falando e confraternizando. A min deume por unirme ás novas xeracións -non estas– quizais por tentarme contaxiar da súa xuventude ou por lerchear sobre os meus ex e seus actuais profesores ou pola curiosidade que eles tiñan sobre a miña promoción.

    Unha vez que a mocidade explotada abandonou o parque, foi o momento do debate: que é friki? Pero non deu tempo a moito máis, porque a noite caeu rapidamente e emprendemos viaxe á zona monumental para cear e terracear un pouco.

    E non podo contar moito máis, porque a min os posts quilométricos non me gusta nin escribilos nin lelos, e supoño que tampouco á maioría dos lectores. Quen queira saber máis, que veña á próxima.

  • O borrador do PTN

    Aínda que o Consello de Ministros deixará a decisión ata setembro, o certo é que xa está a circular pola internet o presunto borrador do PTN elaborado polo equipo do ministro Montilla e que regulará as novas emisoras comerciais de FM que se prevé conceder a partir deste ano. O plano prevé 76 novas radios para Galicia, que terán os emprazamentos e frecuencias que se poden ver neste mapa de elaboración propia. Haberá que ver se despois isto se semella á realidade final. O certo é que haberá que retocar algo, pois parece que se fixo as présas e correndo. A min si que me levou o seu tempiño.

    Nota: Carallo con Carballo! Cinco emisoras!

  • Supermalota

    Máis minutos musicais, desta volta co éxito friki do verán: Yasuri Yamileth.

  • O deporte de moda

    Non é o fútbol, nin o baloncesto, nin o ciclismo, nin o tenis.

    É o