Como este é un tema que esperta moitas paixóns, engado aquí unha ligazón que atopei hai uns minutos: no blog de Vitaly Friedman, un rapaz bielorruso afincado en Alemaña, podemos atopar as vinte e cinco tipografías de mellor calidade e sen licenza, e moitas cousas máis, claro. Com licença.
Autor: Modesto
-
Opaco.org
Vexo que non son o único que se embarca en aventuras como pagar por ter hospedaxe web, mercar un dominio e outras cousas máis propias de freakies-yuppies. Casualmente, atopei opaco.org, a nova casa de Catu? A Blogomillo-ligazón xa está actualizada.
Parabéns e adiante!(E que quede claro que o meu auto-agasallo de reis me saíu bastante económico…)
-
Gentium
Atopei por aí un tipo de letra (que non fonte) que segue a filosofía da cultura libre e que me pareceu moi elegante. Chámase Gentium e forma parte do cabeceiro desta páxina dende hoxe. A súa licenza OFL pódese ler aquí (en inglés). E o arquivo pódese baixar dende esta páxina.
Por outra banda (non sei se a de Laíño ou a de Lestrove), sigo a matinar no cambio de imaxe de ModestoWeb. Permanezan atentos aos seus monitores.
-
Time goes by… so slowly
Navegando por Internet doume de conta de que hai un antes e un despois do vídeo Hung up de Madonna. Non paran de saír versións de todo tipo. Unha das máis salientables, e que moitas veces aparece na portada de Google Vídeo é a de Taim gous bai con Loli, interpretada pola Terremoto de Alcorcón:
Tamén os Mischievious Boys fixeron a súa versión -neste caso, en playback. Por suposto, teñen moitas máis no seu blog. Impresionante.
-
Proba de redeseño número 1
Estou probando algúns deseños que poderían servir para a nova imaxe de ModestoWeb, facendo algúns cambios, claro. Un dos que me gustaron dende un principio foi Connections, de Patricia Müller, que quedaría así: