Gentium

Atopei por aí un tipo de letra (que non fonte) que segue a filosofía da cultura libre e que me pareceu moi elegante. Chámase Gentium e forma parte do cabeceiro desta páxina dende hoxe. A súa licenza OFL pódese ler aquí (en inglés). E o arquivo pódese baixar dende esta páxina.

Por outra banda (non sei se a de Laíño ou a de Lestrove), sigo a matinar no cambio de imaxe de ModestoWeb. Permanezan atentos aos seus monitores.

4 comentarios

  1. pero qué diferencia hai entón entre letra e fonte? por que motivo xorden esas polémicas contra, por exemplo, a curier new? qué quere dicir que unha letra é máis libre que a outra?

    eu pérdome en todas estas definicións. sigo a escribir coa miña curier new cando traballo no ordenata da casa, e non estou moi segura se é garamond ou non a fonte coa que encho o blog.

    um beijo

  2. Eu também suponho que a polémica que refere SaraJess é a da Comic Sans, pola qual me sinto um bocado responsável. 🙂 A finalidade da campanha é principalmente botar umas risadas, e responde ao fastio que produz ver essa tipografia em todo o tipo de textos. Nom é que seja demasiado feia (tenho-as visto bem piores) mas deveria limitar-se o seu uso às comic strips para as que foi criada, como reconhece o seu próprio autor.

    Há um estudo psicológico que diz que a Courier New é muito eficaz para textos curtos de tipo profissional, porque o destinatário tende a relacioná-la com notificações de embargo e cousas assim e presta-lhe atençom imediata.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.