Autor: Modesto

  • Novos Vieiros

    Fonte: Galicia Hoxe de hoxe.

    Conseguir que medre e se consolide é o obxectivo que a xornalista María Yáñez se marcou para a súa nova etapa ó fronte do portal galego de noticias, Vieiros, na remuda do escritor e xornalista Anxo Quintela quen vai emprender un “novo vieiro”.
    A partir do ano que vén o portal celebrará o seu décimo aniversario polo que “aproveitaremos para facer un pouco de balance e reedefinición” comenta a blogger, que tamén dirixe A Rotonda, a primeira editora en galego.
    Durante este período a nova directora quere que o portal “medre máis que que cambie e se siga consolidando” e para iso fomentarase a produción “de traballos especiais” e promoverase “a participación dos lectores” a través “doutro tipo de campañas que abarquen novos ámbitos para achegarse á xente que non está na rede” explica a xornalista quen quere saber “cara a onde imos”.
    Sobre a súa elección supón que “buscaban o perfil dunha muller nova que estivese en contacto coa rede galega e co mundo xornalístico”, características que se cumpren e que se seguirán cumprindo, xa que pensa continuar co seu labor no blog e na editorial A Rotonda.

    Pois moita sorte nesta nova andaina.
    Atención á foto con ‘pose sesi’:

  • Aniversario

    Probablemente, a estas alturas, este blog terá cumprido o seu primeiro ano de ‘vida’, o que non quere dicir que se vaia organizar unha festa ou nada parecido. Pero pode ser que coa chegada do novo ano teñamos algún que outro pequeno cambio de imaxe. Ou pode ser que non.
    O certo é que esta interesante información me serve como escusa para escribir un pequeno ‘post’ para cumprir coa obriga de publicar algo cando menos unha vez á semana, pois é ben sabido que, de non facelo, me podería ver afectado pola terrible maldición dos bloggers, que vén sendo algo así como o que lles pasaba aos que vían o vídeo de The Ring. Avisados estades.

  • Contratación temporal

    Leo na portada da web da CRTVG:
    «O 16 de decembro publicaranse no DOG as bases para a solicitude de inclusión nas listas de contratación temporal da CRTVG. Este día porase un enlace aquí para inscrivirse» (sic)
    Non o podo copiar e pegar, porque está en flash, pero aí queda, falta de ortografía incluída. Estades avisad@s.
    Engádega: Evidentemente era unha errata, porque xa se corrixiu o día seguinte.. Xa sabemos que as teclas V e B están unha a carón da outra…

  • Dous van fóra


    Seguimos reciclando imaxes. É o propio, como diría Tonhito de Poi.

  • Blogalización

    Como o que non chora non mama, chorando, chorando, xa me incluíron na nova Blogaliza. Graciñas, Pedro!