Como o que non chora non mama, chorando, chorando, xa me incluíron na nova Blogaliza. Graciñas, Pedro!
Autor: Modesto
-
Desblogalizado
Pois mira que xa mandei milleiros e milleiros de emilios a Blogaliza pero non me dan incluído. Quizabes algún día…
-
4400
Por primeira vez dobrada ao castelán.
Dentro de 8 días isto será unha realidade, e dentro de 9 deixará de selo. Por que? Antena 3 vai emitir a primeira temporada da interesantísima serie The 4400 de dúas tacadas o luns 12 e o martes 13 pola noite. Son un episodio piloto máis outros cinco. Alguén será quen de velos de tres en tres?
En principio, a serie -que non miniserie- estaba pensada para poder rematar aí ou deixar a porta aberta de cara á súa continuación, que xa se emitiu. Tamen o fará Antena 3? Parece ser que mesmo haberá unha terceira, o vindeiro verán nos EUA na cadea USA -
TDT, qdq?
Teoricamente, mañá «comeza» a TDT en España. Digo teoricamente, porque xa leva un par de anos funcionando. O caso é que mañá comezarán as emisións de novas canles concedidas polo goberno central aos diferentes operadores públicos e privados. Pero, desgrazadamente, non para todos, como se explica en La Voz.
Todo chegará, e haberá que agardar para poder recibir toda esta «marabillosa» oferta. De momento, teño que engadir que a cobertura da TDT autonómica é un pouco máis ampla, polo que xa podo gozar de tres teuvegás e mais unha canle en probas, pero ningunha en lingua castelá. -
Outra vez será
A UNESCO non aceptou nomear obra mestra do patrimonio inmaterial da humanidade o patrimonio inmaterial galego-portugués. No entanto, si o serán, entroutros, o Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano e o Patum da localidade catalá de Berga. Pero seguirá sendo unha Obra Mestra!
A Xunta reaccionou así.